O Máster en Biofabricación é interdisciplinar e interuniversitario. Conta coa participación das tres universidades públicas galegas e está conformado por un grupo interdisciplinar de persoal docente e investigador de diversos ámbitos do coñecemento (enxeñaría, bioloxía, farmacia, medicina etc.), asociado a grupos de investigación de referencia en Galicia e vinculados aos tres Institutos de Investigación Sanitaria e a Centros de Investigación Singulares de Galicia. Desta forma, este mestrado conxunto proporciona unha formación excelente e interdisciplinar, que aproveita todo o potencial das infraestruturas máis punteiras existentes en Galicia.
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña