O Traballo Fin de Máster (TFM) é unha materia de 12 créditos ECTS que se desenvolve no segundo cuadrimestre, baixo a supervisión dunha persoa titora asignada. Poderá realizarse de maneira individual ou en grupo, seguindo as orientacións establecidas.
O TFM consistirá na elaboración dun documento orixinal (Memoria Fin de Máster) centrado na temática da Biofabricación, preferentemente vencellado cos contidos dalgunha das materias do mestrado e, na medida do posible, coas actividades desenvolvidas nas prácticas externas. Este documento deberá incluír, entre outros aspectos, os antecedentes, a problemática ou estado da arte, os obxectivos, as fases e desenvolvemento do proxecto, así como as conclusións finais.
A avaliación estrutúrase en dúas partes: a memoria do traballo tutelado, avaliada pola persoa titora (40%), e a presentación e defensa pública ante un tribunal (60%). A defensa realizarase en acto público conforme á normativa vixente.
Defensa do TFM 2026/2027
| CONVOCATORIA | DEPÓSITO | DEFENSA |
|---|---|---|
| 1ª convocatoria | 01/06/2027 - 03/06/2027 | 14/06/2027 - 18/06/2027 |
| 2ª convocatoria | 01/07/2027 - 03/07/2027 | 12/07/2027 - 16/07/2027 |
| Convocatoria extraordinaria | Segundo as datas establecidas en cada universidade | Segundo as datas establecidas en cada universidade |