Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Ao comezo de cada curso organízase unha xornada de presentación e acollida para o novo estudantado con información sobre a estrutura organizativa da titulación. Infórmase sobre a distribución de créditos e profesorado das distintas materias, horarios de clase e titorías, así como sobre a organización e distribución dos centros e prácticas externas.

Faise especial fincapé no uso da páxina web do mestrado e o Campus Virtual como vías de apoio e orientación e como canles de comunicación entre estudantado e docentes. O sistema de teledocencia (Moovi) resulta un instrumento esencial de apoio á formación facilitando a disposición de materiais e recursos en liña.

Por outra banda, o novo estudantado do mestrado dispoñerá na Biblioteca da Universidade de Vigo dunha xornada informativa sobre servizos, bases de datos, hemeroteca, formas de acceso, etc.