O Máster en Biofabricación inclúe, na materia de Prácticas Externas, unha formación práctica de 240 horas orientada á adquisición de competencias profesionais específicas e á aplicación integrada dos coñecementos adquiridos ao longo do mestrado.
Estas prácticas desenvolveranse en centros de investigación e empresas, tanto públicas como privadas, do ámbito da biofabricación, coas que a Universidade de Vigo ten establecidos convenios de cooperación formativa. O estudantado integrarase en grupos de traballo vinculados á área de coñecemento do título, participando nas actividades cotiás nunha contorna profesional real.
As prácticas realizaranse baixo a supervisión dunha persoa titora externa da entidade receptora e dunha persoa titora académica da universidade. A persoa titora externa fará o seguimento das actividades e emitirá un informe final confidencial sobre o desempeño do estudantado, mentres que a persoa titora académica realizará a avaliación global tendo en conta este informe e a Memoria de Prácticas elaborada polo estudantado, na que se recollen as tarefas e funcións desenvolvidas.
Calendario de Prácticas Externas
| Período de Prácticas | Data |
|---|---|
| 2º cuadrimestre | Febreiro a xuño |