O obxectivo principal do mestrado consiste en dotar ao alumnado das competencias teórico-prácticas no ámbito da biofabricación, a enxeñería de tecidos e a medicina regenerativa; en particular, no deseño de estadas ou estruturas que sirvan de base para a rexeneración ou xeración de órganos e tecidos humanos, preórganos que sexan de utilidade para a práctica médica ou o ensaio de medicamentos. Tamén se abordan os produtos sanitarios a medida, que reduzan os riscos de infección, melloren a usabilidade e ofrezan prestacións clínicas superiores.

Entre os obxectivos formativos proponse:

  • Desenvolver competencias e habilidades para o traballo interdisciplinar dado o carácter específico do ámbito da biofabricación que integra coñecementos propios da enxeñería, ciencia de materiais, bioloxía e medicina, entre outras
  • Potenciar o desenvolvemento de habilidades de investigación, innovación e emprendemento, como resposta á rápida e constante evolución desta disciplina e o seu potencial comercial